Bon III, Due e Fixius foron os vencedores nos seus respectivas Divisións do ORC

29 Xuño 2019

20190629.- Brillante xornada de mar na celebración da XIX Regata Frinsa en Riveira

De brillante xornada de mar pódese cualificar a celebración da XIX edición da Regata Frinsa, un evento deportivo organizado polo Club Náutico Deportivo de Riveira coa colaboración do Real Club Náutico Portosín e patrocinado por Ramiro Carregal Rey. Con puntualidade deuse a saída ás tres Divisións en dúas Top diferentes. Ás 12 horas do mediodía arrincaban os Cruceiro e quince minutos despois os Regata/Cruceiro e os Regata, tendo por diante un percorrido costeiro de pouco máis de 9 millas. O vento tiña o seu eixo no 330, é dicir, un noroeste, con 10 nós de intensidade, unha compoñente que durante o percorrido foi rolando ao 30, despois ao 60, para acabar cun 130, sueste, con pouca forza. O Comité decidiu recortar o trazado, dando chegada na boia do Ter. Con esta premisa, na División dos Regata gañou o Bon III, de Víctor Carrión. O veleiro do Real Club Náutico de Vigo era un dos favoritos nesta clase. Segundo foi outro candidato ao podio, o Siradella, de César Álvarez e Francisco Gude, do Real Club Náutico Portosín. E terceiro o Grupo Santorum& amp;Martínez, de Javier Durán, do Club Náutico Deportivo de Riveira. Nos Regata/Cruceiro destacou o Due, de Fernando González e Rafael Blanco, do Real de Portosín. Seguiulle o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico Deportivo de Riveira. E no posto do bronce situouse o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico de Boiro. E, por último, na clase dos Cruceiro, levou o trofeo o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía. A segunda praza adxudicoulla o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer, do náutico riveirense. E terceiro foi o Jabucho, de Andrés Gago, tamén de Riveira. Previo á entrega de premios, Ramiro Carregal Rey procedeu á inauguración do novo pantalán do Club Náutico Deportivo de Riveira que leva o seu nome, acompañado de Torres Colomer, o seu presidente. Entre as autoridades presentes no acto atopábanse o Alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; Lourdes Carregal, filla de Ramiro Carregal; Manolo Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; Fernando González, Comodoro do Real Club Náutico de Portosín; José Luís Lomba, Comodoro do Club de Riveira; Javier Jambrina, Coronel da Garda Civil e máximo responsable da Comandancia da provincia da Coruña; Manuel Martínez Calvo, Capitán Marítimo; e José García,Vicecomodoro de Portosín, entre outras personalidades.

Coincidindo coa regata “Ramiro Carregal Rey” inaugurou o pantalán do Club Náutico que leva o seu nome. (Fotos Marta Domínguez )

Inauguración do pantalán Ramiro Carregal. O protagonista acompañado de Xosé Luis Torres Colomer, presidente do Club Naútico de Riveira
BON-III

DUE

Fixius-Crucero

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.