Adolfo Muíños repite como rexedor de Rianxo

15 Xuño 2019

Outro dos municipios onde non houbo sorpresas durante a celebración do pleno de investidura foi o de Rianxo. Adolfo Muíños, do BNG, continuará ostentando o bastón de mando outra lexislatura, sumada ás dúas anteriores. A súa candidatura contou co apoio da súa formación e dos socialistas encabezados por María del Carmen Figueira, mentres que o resto de grupos optaron por non presentar aspirante á alcaldía.

Tal e como anunciaran, BNG e PSdeG-PSOE firmaron un pacto, polo cal formarán un goberno de coalición acadando a estabilidade que lles proporciona a obtención da maioría absoluta.

A corporación municipal queda así integrada polos concelleiros Adelina Ces Quintáns, Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Hadriana Ordóñez Otero, Tobías Betanzos Rego e Raquel García Abuín, do BNG; Germán Allut Vidal, Mariano José Moares Rial, Francisco Rubio Vicente e Alicia Carou Romero, do PP; María del Carmen Figueira Ares, Francisco Javier García Ares, María José Tembra Muñiz e Rosa Ana García Figueira, do PSdeG-PSOE; Julián Bustelo Abuín e Julio Alcalde Hermo, de Rianxo en Común; e, Sara Resúa Patiño, de Ciudadanos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.