Adolfo Muíños repetiría como alcalde en minoría

05 Xuño 2019

Rianxo foi outro dos municipios onde os resultados das eleccións municipais non variaron moito respecto ás do ano 2015. A lista do BNG logrou ser a máis votada mantendo así os 6 concelleiros cos que xa contaba, pero sen acadar a maioría absoluta establecida en 9. De conseguir apoio por parte doutros partidos políticos, Adolfo Muíños Sánchez continuaría como alcalde de Rianxo outra lexislatura, en minoría, sumada ás dúas anteriores.

Ademais, o PP de Germán Allut Vidal obtivo 4 actas, ao igual que o PSdeG-PSOE con María del Carmen Figueira Ares á cabeza, pero con menos votos que os populares, mentres que Rianxo en Común capitaneado por Julián Bustelo Abuín mantivo os 2 edís cos que xa contaba. Ciudadanos irrompeu no panorama político rianxeiro con Sara Resúa Patiño acadando o seu único escano e o Compromiso por Galicia de Mª Xosefa Comojo Sobradelo quedou fóra do consistorio.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.