Aberto o proceso selectivo para a contratación dun animador turístico na Pobra

20 Xuño 2019

20190620. O Concello da Pobra do Caramiñal convoca o proceso selectivo, mediante un concurso-oposición, para unha lista de emprego de persoal temporal na categoría de animador turístico. O prazo de presentación a dito proceso abriuse hoxe e manterase ata o martes, 25 de xuño, ambos inclusive, despois de que onte fose publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello, así como na súa sede electrónica. Deste xeito, os interesados dispoñen de 4 días hábiles para inscribirse.

O obxecto é crear unha listaxe de contratación laboral temporal de animadores/as turísticos/as para a Oficina de Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal. Esta listaxe, despois dun proceso selectivo, terá unha duración máxima de dous anos, prorrogables outros dous anos máis por unha resolución da alcaldía e sen prexuízo de que se poida precisar unha selección específica de xeito excepcional.

Máis información na web do Concello.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...