A Xunta quere garantir os servizos bancarios básicos no rural

13 Xuño 2019

Garantir que os concellos que non conten con sucursais bancarias poidan contar con servizos básicos de banca, ao tempo que se asegura, tamén, a capacitación da veciñanza destas localidades en materia de servizos bancarios dixitais. Nisto consiste a medida presentada este 13 de xuño polo Goberno galego, que inclúe (entre outras cousas) a instalación de caixeiros automáticos nos termos municipais que non dispoñan deles.

No caso dos concellos de Barbanza, hainos con graves carencias en materia de servizos financeiros (por exemplo Lousame) e existen localidades como Corrubedo (Ribeira) nas que, malia contar con preto dun milleiro de residentes (cifra que se dispara no verán), hai case unha década que viron esvaecerse a presenza de Novacaixagalicia (a actual Abanca). Resultado: a poboación ten que desprazarse até a cabeza de concello para todo tipo de trámites.

A medida do Goberno galego foi dada a coñecer polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, trala celebración do Consello da Xunta. Segundo fixo saber, a licitación (que se fará efectiva en datas vindeiras) é unha resposta “a un problema que se está a detectar nas zonas do rural”. A previsión, de primeiras, é beneficiar un total de 41 concellos que actualmente carecen dunha entidade de crédito, 25 na provincia de Ourense, 10 na Coruña, 4 en Lugo e 2 en Pontevedra. O presidente explicou que este contrato dará acubillo a outros dous servizos, un de asistencia financeira ao cidadán para solucionar dúbidas de xeito presencial e outro de formación en banca electrónica para os cidadáns interesados en adquirir esas habilidades.

O caso de Barbanza

A comarca non foi allea a un proceso que tivo dous intres decisivos en certa maneira relacionados: por unha banda a crise económica que aínda se deixaba sentir amplamente a comezos da década, e por outra, un proceso de reestruturación das caixas e dos bancos que segue a día de hoxe en activo e que tivo un momento álxido coa fusión de Caixa Galicia e Caixanova, que trouxo consigo unha serie de transformacións económicas e urbanas (como o peche de sucursais en vilas ou barrios onde, supostamente, xa non se atopaba a rendibilidade nin a presenza poboacional requirida).

En Ribeira a devandita situación carrexou o peche de máis de media ducia de oficinas bancarias, seguida de preto por Rianxo, Boiro e A Pobra. O concello de Lousame, como dixemos, atópase nun claro recanto de exclusión financeira ao non contar con ningunha oficina.

A nivel galego perdéronse nos últimos anos arredor de 900 sucursais e 4.500 postos de traballo.

Outros artigos

O sonense Adolfo Enriquez, Trofeo Galeguidade 2025

Madrid acolleu unha nova edición do LVII Capítulo da Orde da Vieira, un evento de referencia para a comunidade galega no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nesta celebración que cada ano congrega centos de persoas de...

+

Retiran un envase de ácido pícrico de un centro de residuos en Padrón

O Equipo de Desactivación de Explosivos (EDEX) da Garda Civil da Coruña interveu nun centro de xestión de residuos en Padrón para retirar un envase de ácido pícrico, unha substancia potencialmente perigosa debido á súa capacidade explosiva en certas condicións. Garda...

+

“Quen manda aquí?”. Luís Celeiro

Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, VilaMorena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora,quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que PedroSánchez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...