A nova pirámide alimenticia da Sociedad Española de Nutrición Comunitaria

19 Xuño 2019

20190619. A Sociedad Española de Nutrición Comunitaria (SENC) presenta unha guía de alimentación saudable na que recollen tódalas recomendacións nutritivas, de preparación e as interaccións que teñen os fármacos cos alimentos. Deste xeito, anuncian a nova pirámide alimenticia onde a base está ocupada por hábitos coma 60 minutos de actividade física diaria, equilibrio emocional, balance enerxético, técnicas culinarias saudables e entre 4 e 6 vasos de auga ao día.

Despois encóntranse os cereais e as legumes tenras. Iso si, os cereais integrais. Aquí atopamos pan de fariña de cereais de gran enteiro, pasta integral, arroz integral, patacas, castañas e legumes tenras.

A continuación, as verduras e hortalizas (2-3 ao día), froita (entre 3 e 4 pezas diarias) e aceite de oliva virxe extra. Os dous estratos anteriores englóbanse dentro dos grupos de consumo en cada comida principal.

Seguidamente sitúanse os lácteos (de 2 a 3 veces ao día), peixe, carnes magras, carnes brancas, legumes, froitos secos e ovos (1-3 diarios a alternar). Chegando case á cima atópanse as carnes vermellas, procesadas e embutidos, tendo en conta que non tódalas carnes son iguais coma, por exemplo, o xamón de landra. E na cúspide localízanse os doces, pastelería industrial, graxas de untar e aperitivos salgados. Ademais, os médicos aconsellan que canto máis tempo esgotemos comprando e cociñando, menos tempo estaremos no ambulatorio. Así, a nutrición axudará na prevención de enfermidades e como complemento dos tratamentos farmacolóxicos. O coordinador desta guía, Javier Aranceta, alerta de que 1 de cada 4 galegos é obeso, preto da media española, e o 43% ten sobrepeso. Con todo, asegura que o país con maior esperanza de vida no 2040 será España grazas á alimentación e á atención sanitaria.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.