A Deputación lembrou a Ánxela Franco no último pleno

26 Xuño 2019

20190626. A Deputación da Coruña acolleu hoxe o último pleno do actual mandato. Este serviu como sesión de trámite para a aprobación das actas, así como despedida da corporación. Do mesmo xeito, un ramo de flores e un minuto de silencio lembraron á deputada Ánxela Franco, falecida o pasado 2 de xuño. Tanto o presidente en funcións da Deputación, Valentín González Formoso como a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, interviñeron no pleno para destacar a honestidade, valentía e compromiso de Ánxela Franco.

González Formoso destacou da deputada que dirixiu a área de Benestar Social, Educación e Igualdade, a súa defensa “defensa do interese xeral, honestidade consigo mesma e a sociedade” e definiuna como unha “persoa sinceira, que nunca deixou de dicir o que pensaba, un orgullo tela como compañeira e amiga.”

Pola súa parte, Goretti Sanmartín amosou a súa tristeza pola ausencia dunha muller “temperamental, profundamente emocional, comprometida, inmensamente traballadora, capaz de empatizar con quen se achegaba a ela e tamén de mostrar o seu xenio cando era necesario.” Así mesmo, afirmou que a súa figura “dignifica a vida política e sitúase no polo oposto daquelas persoas que tiran dela proveito persoal.”

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.