Raquel Suárez Regades – Bloque Nacionalista Galego

22 Maio 2019

O BNG de Boiro, comandado por Raquel Suárez, está integrado por representantes de todo tipo de colectivos e frontes sociais sociais, culturais, deportivas e feministas. Segundo fixo saber a líder do grupo local do partido, o BNG de Boiro quere consolidar un Concello de diálogo coas veciñas e veciños, que busca facer revivir a vila e as parroquias, que pon o foco nos sectores económicos tradicionais (o mar, principalmente) e que non deixa de lado a innovación, senón que tentará potenciala xunto co emprendemento baseado no coñecemento e nas ideas novas. 

Raquel naceu en Boiro o 17 de maio de 1981. Encabezou a candidatura do BNG para as eleccións municipais de 2015 e en 2016 foi elixida membro da executiva do devandito partido.

Estes son os dez primeiros da listaxe do grupo do BNG de Boiro: Raquel Suárez Regades, Carlos Blanco Ansoar, Santos Saborido Chouza, Francisco Xavier Santamaría Branco, Rebeca Romero Viturro, María Teresa Silva Fajardo, Ricardo Vázquez Regueiro, Raquel Martínez Bugarín, José Manuel Ferreira Guerra e Emma Chao Blanco.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...