Mª Xosefa Comojo Sobradelo – Compromiso por Galicia

22 Maio 2019

A líder en Rianxo de Compromiso por Galicia ten ás súas costas un longo percorrido de acción social. A xeito de exemplo recente, a súa foi unha das voces que máis se escoitou na reivindicación do centro de día para o concello, cuxa acción mobilizadora foi, precisamente, o caldo de cultivo da agrupación local: a oportunidade para ir pechando fileiras. O impulso da candidatura de María José Comojo e o seu grupo vén dado pola necesidade de seguir materializando movementos e reivindicacións a prol da mellora de Rianxo e o nivel de vida da súa xente.

No cumio da lista, María José Comojo estará acompañada por Constantino Castaño Calvo, Christian Ferreiros Sánchez, Mª Guadalupe Fungueiriño Cebreiro, Benjamín Abuín Pérez, José Manuel Tubío Collazo, José Losada Fachado, Aurora Lesende Rey, Mª Amelia Castro del Río e Jesús José Ramos Castro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.