O Concello de Muros impulsa a reforma da área recreativa do Pozo do Cachón

02 Maio 2024

O Concello de Muros impulsa a mellora, o acondicionamento e a posta a punto da área recreativa do Pozo do Cachón, na parroquia de Serres, unha zona que segundo lembraron fontes do Consistorio “é moi transitada e conta cun alto valor histórico e patrimonial”.

O primeiro paso foi a renovación dunha das pasarelas de acceso. A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, estiveron na zona este xoves 2 de maio supervisando o remate dos traballos.

“Queremos acondicionar todo o espazo, impulsando o seu atractivo para veciños e visitantes, polo que continuaremos con outras actuacións na zona tras a renovación da pasarela”, engadiu a alcaldesa.

O Muíño do Pozo do Cachón de Muros, un dos máis importantes da Península, ten un uso cívico e cultural, e agora o concello quere poñer en valor a zona cun acondicionamento integral.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión