Nova cita de almorzos de negocios en Boiro coa participación de empresas da comarca e o apoio dos alcaldes de Arousa-Norte

03 Maio 2024

O grupo BNI Terramar xerou un volume de negocio de 17 millóns desde a súa creación hai oito anos.

Os Almorzos Estratéxicos de Negocios en Boiro convertéronse nun referente de éxito empresarial durante máis de 8 anos.

Nun escenario empresarial marcado pola innovación e a colaboración, estes encontros erixíronse como un fito indiscutible de éxito. Desde a súa instauración en abril de 2016, xeraron un total de máis de 17 millóns de euros en transaccións comerciais e transcenderon fronteiras converténdose nun referente rexional.

Estes almorzos non só son reunións de negocios; son unha plataforma para o intercambio de ideas, a creación de alianzas estratéxicas e o fortalecemento da rede profesional en Arousa Norte. Ademais, o madrugar para asistir a estes encontros demostrou achegar beneficios tanxibles aos membros do grupo BNI TerraMar, quen aproveita a frescura da mañá para conectar, compartir e xerar novas oportunidades de negocio.

Nesta ocasión participou o Alcalde de Boiro, José Ramón Romero, cuxa visión e compromiso co desenvolvemento económico local foi fundamental desde os inicios. Tamén destaca o apoio activo dos Alcaldes de Ribeira, Luís Pérez Barral; Rianxo, Julián Bustelo; e Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal.

O éxito sostido destes almorzos estratéxicos atribúese a unha combinación de factores crave, entre eles, a participación activa de empresas líderes como Congalsa, representada por Isabel Cañas, Subministracións Triñanes, representada por Gonzalo Triñanes, todos os profesionais e autónomos que nos acompañan.

Ademais, resala a contribución do Equipo de Liderazgo actual, encabezado polo Presidente Ricardo Viturro de Boiresa e Hijos S.L., o Vicepresidente Román Muñiz de Mobles Muñiz, e a Secretaria/Tesoureira Lola García de García Sánchez Seguros. O seu liderado foi esencial para consolidar este espazo de intercambio e crecemento empresarial.

Tamén destaca o labor e implicación do Director Consultor do grupo, Rubén Couñago de Banco Mediolanum, cuxa experiencia e asesoramento son fundamentais para o desenvolvemento e a expansión do grupo ao longo dos 8 anos de existencia.

A diversidade de sectores representados nestes encontros, así como a participación de distinguidos representantes empresariais de Villagarcía, Noia, Santiago e Padrón, subliña a relevancia e o alcance rexional desta iniciativa.

Destaca o compromiso e a dedicación dos membros do grupo con Milagros Rey de Asociación Ámbar na organización e celebración do evento, cuxa implicación foi fundamental para o seu éxito.

O Grupo BNI TerraMar Busca Profesionais en Diversos Sectores no Barbanza: Están a buscar cubrir sectores crave no grupo e ten unha demanda de currículos en diferentes áreas como a tecnoloxía, o márketing, finanzas, saúde, sector inmobiliario e máis. Se tes experiencia e estás interesado en formar parte dun equipo comprometido co crecemento empresarial, queren coñecerte!

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión