Impulso definitivo en Porto do Son á nova fase da transformación do alumeado público e á recuperación da Casa Ríos

06 Maio 2024
Recreación virtual da nova faciana da Casa Ríos

Aprobados os días pasados os Orzamentos Municipais de Porto do Son, tal e como lembramos dende este medio, o Concello xa puxo en marcha o expediente de contratación de dúas relevantes iniciativas que en conxunto suman máis dun millón de euros de investimento. Un destes proxectos consiste en prolongar a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público municipal, que inclúe a substitución de de máis dun milleiro de lámpadas por equipamentos LED, máis duradeiros, sustentábeis e eficientes. Estes traballos, apoiados con fondos europeos Next Generation, veñen cun investimento total de 532.610 euros, dos que 82.668 proceden das arcas municipais. Esta nova fase do proxecto abranguerá as parroquias de Miñortos, Goiáns, Nebra, Noal, San Pedro, Xuño, Baroña e Caamaño.

Por outra banda, o Concello activou o proceso de contratación para recuperar a Casa Ríos e convertela nun espazo de lecer para a mocidade e na nova sede dos plenos da Corporación, sendo a previsión, tamén, albergar entre os seus muros o Museo do Traxe. A contía destinada é de 504.396 euros. A transformación deste edificio, un dos grandes proxectos construtivos do Concello, será posíbel grazas a unha subvención do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (241.500 euros dos ditos fondos PIREP) e grazas tamén ás achegas do Instituto Galego de Vivenda e Solo, o IGVS (que contribúe co investimento restante).

A Casa Ríos é antiga casa mariñeira emprazada na avenida de Galicia e de importante valor histórico e patrimonial, catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal, características que serán mantidas e potenciadas no proxecto (coa conservación da fachada tradicional mariñeira e dos muros exteriores, entre ouros elementos). O plan de traballo prevé concentrar a meirande parte dos traballos de remodelación no interior, poñendo o foco en recursos que garantan a sustentabilidade e accesibilidade do inmóbel.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...