A comarca e toda a costa en alerta amarela por fortes choivas a partir do mediodía

03 Maio 2024

Nas comarcas de Barbanza, as Rías Baixas e Santiago poden alcanzar os 80 litros, e en certos puntos concretos rozarían os 100 litros por metro cadrado a partir deste mediodía e ata a noite.

A causa é a formación dunha borrasca próxima a Galicia que traerá meteoroloxía adversa con ventos do suroeste fortes no mar e chuvias persistentes ao oeste.

Protección Civil activou aviso amarelo por choiva e vento para hoxe nas zonas costeiras de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Nestas dúas provincias atlánticas, as precipitacións fortes alcanzarán algúns concellos de interior, á marxe da zona litoral. O aviso por choivas manterase o sábado na área suroeste da Coruña e en boa parte de municipios de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión