Unha festa post-regata animará na Pobra a noite previa á final do Campionato de España de Bateis

26 Abril 2024

A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis.

No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se desenvolverá no domingo 28.

Trátase dunha proba de índole deportivo con repercusión económica e social, á que agora tamén se incorpora a festiva cunha celebración post-regata na noite do día 27.

Non faltará a música na praza Alcalde Segundo Durán coa Discomóvil Chocolate, de 23.00 a 03.00 horas. Habilitarase tamén toldo con barra.

Con relación a esta actividade, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que se converte nunha oportunidade para confraternizaren os clubs deportivos chegados de toda España máis alá do campo de regatas, ademais de que a veciñanza poida desfrutar cos remeiros e remeiras dos resultados da primeira parte do campionato.

Outros artigos

O Concello recoñece os logros do Clube Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Outes deu acollida ao I Encontro de Zanfonas Roda e Ludra

O domingo 19 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Outes o I Encontro de Zanfonas (Roda e Ludra). Contouse coa presenza da Asociación Cultural A Fuliada (Betanzos), a Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, a Escola de Instrumentos Populares Galegos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...