O 28 de xuño abre as súas portas a II Feira Náutica do Freixo (Outes)

21 Maio 2024

O Freixo (Outes) vai dar acollida este mes de xuño a unha nova edición da súa Feira Náutica, que xa chega á súa segunda edición consolidándose definitivamente como un dos grandes encontros sectoriais do panorama galego. Celebrarase os días 28, 29 e 30 de xuño, co Centro Náutico do Freixe como eixe principal das actividades.

Contarase coa presenza activa de empresas e asociacións de toda a nosa comarca e da costa galega, ao que se suma un amplo programa de actividades sobre a temática marítima e o mundo náutico. En concreto, haberá un mercado mariñeiro, exposicións, música, roteiros divulgativos, gastronomía ou xeiras de navegación (saídas que permitirán ás persoas visitantes coñecer dende unha óptica diferente os tesouros costeiros do Freixo e Outes, por exemplo a praia de Broña, Tavilo, O Albán e mesmo a illa da Creba). A feira vén da man do Concello de Outes conta coa colaboración do GALP Costa Sostible e Portos de Galicia.

A feira vai dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector. Unha vez máis, darase especial prioridade á participación de empresas do concello de Outes vencelladas ao mar. O programa ten o obxectivo de “mostrar a esencia e identidade marítima da zona así como o destacado patrimonio da contorna vencellado ao mar, á súa cultura e á súas actividades económicas asociadas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.