A sonense Patricia Torrado presenta na súa terra “Ouveos fractais”, un libro de poemas que berra por todas as mulleres silenciadas

21 Maio 2024

A Casa da Cultura de Porto de Son acolleu este domingo 19 de maio a presentación do libro Ouveos fractais, da escritora local Patricia Torrado Queiruga, que estivo acompañada na cita literaria pola arpista Clara Pino, e tamén pola secretaria da Asociación Cultural Barbantia, Milagros Torrado. A presentación veu da man de Barbantia e o Concello sonense.

Segundo explicou a autora, Ouveos fractais é un libro adicado “a todas as mulleres sen voz e a todos os que ouvean canda elas”. Trátase dun feixe de poemas directamente encamiñados a loitar contra este silencio e, por extensión, contra as moitas e variadas manifestacións da violencia e da desigualdade.

Participan con ilustracións e fotos Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García.

Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega, ademais de experta en conservación e restauración do patrimonio e activista cultural. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.