Publicadas no DOG as axudas ao embelecemento do litoral, con 14 proxectos turísticos en 8 concellos do Barbanza

23 Abril 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 23 de abril a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. En total foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2M€.

Como se indica na resolución, entre os beneficiarios inclúense iniciativas para a posta en valor da súa riqueza histórica, acondicionamento de sendeiros, sinalización turística, construción de miradoiros, acondicionamento de recursos culturais, patrimoniais e paisaxísticos. Ademais, tamén hai actuacións de posta en valor turístico dos recursos e  proxectos centrados na rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos así como proxectos con melloras de accesibilidade como eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras.

Xunto a estas axudas, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a resolución da segunda convocatoria destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de 2,7M€. Neste caso foron beneficiarios un total de 64 proxectos en 41 concellos do litoral galego que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.

Inclúense neste capítulos os seguintes proxectos da nosa comarca:

A Pobra do Caramiñal

Proxecto de acondicionamento de aparcadoiro na alta e recuperación paisaxística no entorno

80.000,00 €

Boiro

Recuperación de sendeiros entre puntos de interese turístico: senda rio Breiro-praia de Mañóns

80.000,00 €

Boiro

Compra e instalación de pantalla táctil dixital no paseo marítimo de barraña

15.000,00 €

Boiro

Mellora e adaptación do Centro Arqueolóxico do Barbanza

50.000,00 €

Carnota

Aplicación turística & control park

15.000,00 €

Muros

Información dixital en liña na vila de Muros

13.394,70 €

Outes

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística no parque de Vista Alegre. Xunqueira dos muíños. O areal.

80.000,00 €

Outes

Dixitalización dos recursos turísticos do litoral

13.176,90 €

Porto do Son

Actuacións de embelecemento e rexeneración paisaxística na zona de amarres no borde marítimo do porto de Boa

79.999,98 €

Rianxo

Posta en valor do patrimonio natural do esteiro do Ulla a través do acceso ás tres cruces de Isorna

38.877,30 €

Rianxo

Mellora da accesibilidade dos areais de Rianxo

44.968,08 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: rehabilitación Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

72.000,00 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: actualización dos contidos didácticos do Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

13.500,00 €

Ribeira

Ribeira, Destino Litoral Sostíbel: mellora da accesibilidade no Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

26.721,00 €

14 axudas

622.637,96 €

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...