O mércores será unha xornada de transición na que as altas presión iranse aproximando lentamente a Galicia. Teremos aínda chuvascos que se irán retirando cara ó norte co avance do día, quedando os ceos con intervalos nubosos no resto da Comunidade. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non sufrirán cambios significativos. O vento será do noroeste pola mañá, frouxo no interior, moderado na costa.


O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



