O Centro de Coordinación de Incendios da Coruña levou a cabo unha simulación de lume forestal con situación 2 no monte Pindo

21 Maio 2024

Este martes 21 de maio levouse a cabo un exercicio de simulación de sala de situación operativa 2 por incendio forestal no monte
Pindo (Carnota). O simulacro realIzouse a dous niveis, xa que contemplou a constitución do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) no Centro de Coordinación Provincial da Coruña, así como a despregadura do Posto de Mando Avanzado (PMA), no lugar do Viso (Carnota). No dispositivo participou a delegada da Xunta, Belén do Campo.

O simulacro estivo dirixido a mandos e persoal técnico de emerxencias e de incendios forestais, e tivo como obxectivo mellorar a coordinación entre os departamentos participantes, e adestrar os protocolos que establece o Plan de Emerxencias por incendios forestais de Galicia (PEIFOGA) no relativo ás declaracións de situacións operativas.

Ademais, con esta actividade desenvolvéronse as actuacións tanto de extinción como de protección de núcleos e persoas no caso dun incendio forestal real na zona.

No simulacro participou persoal da Consellería do Medio Rural, Emerxencias, Bombeiros, Protección Civil do Estado, Garda Civil e representantes dos concellos potencialmente afectados (Carnota, Dumbría e Mazaricos).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.