As familias poden solicitar as axudas para adquirir libros de texto e material escolar

21 Maio 2024

Os interesados dispoñen ata o próximo 21 de xuño para cursar as solicitudes para as axudas de libros, bono de material e Fondo solidario

Lembra que estas medidas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP chegan ao 70% do alumnado en función da súa renda.

A adquisición de material escolar vai dirixido ás familias con rendas per cápita iguais ou inferiores aos 10.000 euros, con dous tramos de renda. Para rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros mantense un vale de 75 euros -cobrarano tamén o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta, o de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, independentemente da súa renda-. Para rendas superiores aos 6.000 e ata os 10.000 euros o vale será de 60 euros por alumno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.