O Maio Vintage Market de Boiro xuntará artesanía, comercio e cultura (o vindeiro 4 de maio na rúa peonil)

25 Abril 2024

A Asociación Creaturas e o Concello de Boiro organizan unha nova edición do Maio Vintage, un evento que xunta os ingredientes da creatividade, a cultura, a artesanía e o comercio para permitir a cidadáns e visitantes festexar a primavera en clave de proximidade. Será o vindeiro sábado 4 de maio na rúa peonil de Boiro. Así o fixeron saber en rolda de prensa a concelleira de Cultura, María Outeiral, Margarita Sampedro e Alberto García da Asociación Creaturas, e Suso Santamaría, responsábel da programación. Tamén explicaron que nesta edición participarán un total de 76 postos entre os que se atopan artesáns e tamén entidades como Unión de Muchachas, Ambar, A Creba, Turbina, Agadea, Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro e Boas Novas.

“Debido á gran demanda de postos, ampliamos o espazo no que se vai instalar o mercado ao longo da rúa peonil”, afirmou Margarita Sampedro, que engadiu nesta convocatoria participan representantes do comercio e da hostalaría locais como Atlántica, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Tres Catorce, Furancho e Adria. Tamén desenvolverá un papel activo o alumnado de artes do IES Praia Barraña que vai realizar o seu proxecto final do curso no Maio Vintage Market.

Ademais dos postos de artesanía haberá actuacións musicais, obradoiros e outras actividades. “Trátase dun dos eventos máis completos que engloba ás entidades culturais, o comercio e a administración local e que favorece a dinamización económica e social”, recoñeceu Alberto García.

A programación cultural estenderase durante todo o día con actuacións de DJs, grupos locais e tamén espectáculos infantís. “A programación musical mestura grupos locais con outros de fora para ofrecer unha alternativa cultural para todos os públicos”, afirmou Suso Santamaría.

O obxectivo desta actividade é apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, á ilustración, á fotografía…

“O Concello de Boiro colabora sempre con esta actividade que serve para dinamizar o municipio xa que participa xente de todas as idades e medra ano a ano“, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

A temática desta onceava edición serán os anos 80, polo que dende a organización animaron a todas as persoas asistentes a caracterizarse con algo propio da época.

PROGRAMACIÓN
11.30h – DJ Bender
12.00h – obradoiros
12.00h – DJ Gafapasta
13.00h – Sanny Caster
14.00h – DJ Gafapasta
17.00h – Sabela
17.00h – obradoiro Breakdance
18.00h – concerto Punkinfantil
19.00h – Combo Paradiso
20.00h – Rasca e Pincha

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...