O Concello de Ribeira rescinde os contratos do Apeadeiro de Autobuses e a Biblioteca Municipal e aproba sancións económicas ás empresas

24 Abril 2024

O Concello de Ribeira resolveu os contratos da Biblioteca Municipal e da Estación de Autobuses debido, segundo sinalou o Goberno local, “á parálise das obras por parte das construtoras”. En base a isto aprobou sancións económicas a ambas empresas adxudicatarias dos dous proxectos.

Respecto do expediente da Biblioteca Municipal foi adxudicado en maio de 2023 á empresa Ogmios polo anterior equipo de goberno, cun orzamento de 1,3 millóns de euros. “A pesar dos diversos requirimentos que se lle fixeron á empresa por parte do Concello durante o segundo semestre do ano 2023, a construtora non iniciou a obra”, sinalou o alcalde Luís Pérez, engadindo que a apertura do expediente de penalización data do pasado mes de decembro pero, malia isto,“non houbo reaccións por parte da empresa que nin presentou alegacións no trámite de audiencia, polo que resolvemos o contrato e procederemos a licitar esa infraestrutura novamente”.

Segundo explicou, para o Concello é unha prioridade dispoñer dunha Biblioteca Municipal e unha infraestrutura cultural de primeiro nivel.

De igual xeito, o Concello resolveu o contrato de construción do pendello da Estación de autobuses de Ribeira, unha obra valorada en 65.000 euros que comezou en 2021 e que non deu avances até o día de hoxe. “Despois de varios requirimentos á empresa, procedemos á rescisión do contrato e á imposición de penalizacións”, sinalou o equipo de Goberno, engadindo que a sanción conxunta a ambas empresas ascende a 55.000€, ao que se suma a prohibición de contratar calquera tipo de obra pública nos vindeiros tres anos “evitando que os ribeirenses teñamos que sufrir demoras na contratación de infraestruturas básicas, como o é o caso do transporte público”.

O rexedor destacou así mesmo que as persoas usuarias do transporte público “deben sufrir as inclemencias da meteoroloxía, non dispoñen de baños ou de atención presencial”, cuestión que tanto o Concello como a cidadanía queren “emendar de maneira inmediata”.

E apuntou: “Para este Goberno municipal é moi importante garantir que a poboación teña unhas prestacións de calidade, por iso dende a vindeira semana a brigada de obras municipal comezará a traballar na nave da estación de autobuses para que a infraestrutura poida estar aberta cando antes”. Pérez Barral lembrou que as actuacións conxuntas do galpón e a pérgola ascenderon a 350.000 euros. Engadiu que dende o Concello estanse a estudar vías legais para solicitar unha indemnización por danos e prexuízos debido á demora inxustificada na realización destas dúas actuacións. “Con este procedemento de resolución de contrato e aplicación de sancións velamos polo bo uso dos fondos públicos ao tempo que garantimos o cumprimento dos contratos sen sobrecustes nin demoras” apuntan dende o Concello.

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...