Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

04 Maio 2024

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas tenderán a ascender, principalmente no sur. Os ventos soprarán frouxos, variables pola mañá, de compoñente norte pola tarde.

meteogalicia

A partir do luns regresa o sol e a calor. Prognóstico para as dúas próximas semanas:

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 1 a 2 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión