O Concello de Boiro celebra o Día da Danza cun espectáculo da Escola de Ballet Cen Pliés

27 Abril 2024

O Concello de Boiro celebra este 28 de abril o Día da Danza na Praza de Galicia cun espectáculo da Escola de Ballet Cen Pliés. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou este mércores 24 a actividade, que comezará o domingo a partir das 12.30 horas.

Segundo informou, van participar unhas 50 nenas que interpretarán 6 bailes. “As asociacións culturais de Boiro son as que promoven este tipo de actividades para mostrar o traballo que fan durante o ano”, afirmou a concelleira que anunciou que esta colaboración coa Escola Cen Pliés se leva realizando xa tres anos para conmemorar o Día Mundial da Danza.

Tamén lembrou que “Boiro conta cun importante elenco de artistas que practican a danza, tanto tradicional, como contemporánea e tamén o ballet”, e que o Concello “celebra cada ano en setembro o mes da danza, un mes dedicado a todos estes artistas con espectáculos de distintas modalidades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...