O Concello da Pobra e a Deputación analizan a viabilidade de humanizar a rúa Ponte

26 Abril 2024

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, mantiveron este 24 de abril unha xornada de traballo coa deputada provincial de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, e persoal técnico da súa área, con vistas a analizaren conxuntamente a viabilidade da humanización da rúa Ponte e a reordenación do tráfico rodado.

O Executivo local fundamenta a súa proposta na estreitura desa vía provincial, a DP-6703, que “fai difícil conxugar o tránsito peonil e a circulación de vehículos, dado que en moitos tramos non conta con beirarrúas e o ancho da calzada tampouco optimiza o paso de dous vehículos simultaneamente en ámbolos sentidos”. Agora, o Concello da Pobra do Caramiñal encargará a redacción do proxecto para presentar nos vindeiros meses na Deputación da Coruña.

Aproveitouse esta visita para considerar a situación doutras estradas de titularidade provincial como, por exemplo, a DP-6701, que dá acceso ao núcleo de Santo Isidro de Posmarcos dende a rotonda de Cadreche. A petición do Goberno municipal a este respecto alicérzase en “solucionar o estado da deterioración dunha parte do firme, así como da rotonda, para así actuar en materia de seguridade viaria”; unha solicitude que xa recibiu a resposta favorábel da institución provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...