José López inaugura a Feira do Libro de Santiago de Compostela, Rianxo a terá en xullo

27 Abril 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda das citas deste ano nun circuíto ao redor da lectura —que percorre 13 cidades e vilas das catro provincias de Galicia— e na cal estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e por Susana e María Gómez, irmá e nai de Luísa Villalta, respectivamente.

O conselleiro anunciou que, ata o vindeiro domingo 5 de maio, a alameda compostelá se vai consolidar como “un reclamo moi atractivo cara ao libro e á lectura”. Neste espazo aberto vanse localizar 17 expositores —un deles da Biblioteca Ánxel Casal— e  vanse artellar máis de 100 actividades; entre presentacións de libros, sinaturas e accións dinamizadoras da lectura.

López Campos incidiu na enorme satisfacción que lle supón que os primeiros actos como conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude estean vencellados con estas citas coa lectura por toda a Comunidade. Precisamente, fixo fincapé en que a Xunta lles dá unha “prioridade especial” ao libro e á lectura. “Queremos unha sociedade que encontre respostas nos distintos formatos en que se nos presentan hoxe”, afondou.

Expansión para a identidade e para a cultura

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor que o libro serve de “vía de expansión” para a nosa identidade e para a nosa cultura. “Probablemente sexa o primeiro referente do que somos, do que creamos, do que pensamos e do que sentimos”, remarcou.

As feiras do Libro de Galicia están vencelladas coa programación que se está a desenvolver ao redor da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril). Neste senso, o conselleiro apuntou o feito de que se trata dunha “festa da lectura, do libro e da palabra” que anima a descubrir “facianas inacabables do pracer lector”, ademais de que serve para estar un “pouco máis preto” dos escritores e escritoras. E, en concreto, indicou a oportunidade que supón para achegarse ou mergullarse máis polo miúdo na obra da creadora a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.

Librarías, parte fundamental do comercio do libro en Galicia

O conselleiro tirou proveito desta cita coa lectura para salientar o papel das librarías, ás que erixiu como “parte fundamental” do comercio do libro en Galicia. Precisamente, subliñou que máis do 80 % das compras de libros que non son de texto que se realizan en Galicia se canalizan a través delas, á vez que puxo en valor o feito de que somos a segunda comunidade con máis establecementos libreiros por cada 100.000 habitantes.

Finalmente, o conselleiro rematou a súa intervención cun recoñecemento especial para a pregoeira da Feira do Libro de Santiago de Compostela, a poeta Lupe Gómez, quen chega a esta cita lectora con dous premios recentes: o Lueiro Rei de Poesía e o Internacional de poesía Carlos Oroza.

13 vilas e cidades en abril, maio, xullo e agosto

Santiago é a segunda das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Logo do paso por Ferrol, entre o 19 e o 21 de abril, súmase agora Santiago de Compostela, onde a feira estará ata o 5 de maio. Tras a capital galega, seguirán O Porriño, do 9 ao 12 de maio; e Lugo, do 13 ao 17 de maio.

Tamén haberá Feira do Libro na provincia de Ourense, do 5 ao 8 de xuño; en Redondela, do 13 ao 16 de xuño; Vigo, do 1 ao 7 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e Rianxo, do 14 ao 27 dese mesmo mes. En agosto, a Feira do Libro estará tamén na Coruña, do 1 ao 10; Viveiro, do 12 ao 15; en Foz, do 16 ao 19; e en Monforte de Lemos, do 21 ao 24.

Outros artigos

A praia da Lombiña-Cabío recupera a Bandeira Azul

A praia de Lombiña-Cabío na Pobra do Caramiñal é unha das praias distinguidas coa Bandeira Azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), segundo se anunciou a semana pasada. Este areal suma un novo recoñecemento trala obtención no pasado ano do...

+

O BNG mostra en Ribeira o seu apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro

Ribeira acolleu este luns 13 de maio unha mobilización pola defensa do sector pesqueiro e marisqueiro da nosa terra convocada pola Plataforma en Defensa da ría de Arousa. Participaron membros do Goberno local, por exemplo o alcalde Luís Pérez Barral (BNG) e os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

“El IES Díaz Castro de Guitiriz”. Joisé Castro López

James Botkin, coautor de “Aprender, horizonte sin límites” (Informe al Club de Roma,1979) contrapone el "aprendizaje de mantenimiento" que enseña a los escolares aenfrentarse a situaciones conocidas, al "aprendizaje innovador", que transmiteconocimientos y...