A festa das Letras de Rianxo prosegue o 18 de maio co Festival TR3S PRA’3

13 Maio 2024

En Rianxo, a festa cultural do mes de maio proseguirá na xornada do 18 (logo da celebración das Letras Galegas do 17 e do recital poético aberto a carón do busto de Rosalía), co Festival Infantil de Música e Baile Tradicional TR3S PRA’3, que se celebra no Auditorio de Rianxo da man da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo.

Participarán a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir de Ramirás, a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Lestedo e A.M.B.T. Vai de Roda de Rianxo. As actividades darán comezo ás 18.00 horas. A entrada será de balde. Darase prioridade ás familias vinculadas cos grupos participantes. As entradas sobrantes repartiranse media hora antes da actuación na billeteira do Auditorio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.