O BNG mostra en Ribeira o seu apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro

13 Maio 2024

Ribeira acolleu este luns 13 de maio unha mobilización pola defensa do sector pesqueiro e marisqueiro da nosa terra convocada pola Plataforma en Defensa da ría de Arousa. Participaron membros do Goberno local, por exemplo o alcalde Luís Pérez Barral (BNG) e os concelleiros Francisco Suárez-Puerta (PSOE) e Cruz Rivadulla (BNG), ademais da parlamentaria de Pesca do BNG, Rosana Pérez, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, a tenente de alcalde da Pobra, Amparo Cerecedo (BNG), e a rexedora de Muros, María Lago (BNG).

Na súa intervención, Miranda lembrou que o BNG ten que ter representación no Parlamento Europeo para defender o sector, xa este atópase “só” debido a falta de apoio por parte do Goberno galego e a falta de investimento. “Como eurodeputada pero tamén como candidata ás elección europeas teño moi claro a quen defender: non ás eléctricas e non as macrocelulosas como Altri, e si as mariscadoras e mariscadores”, manifestou na concentración en defensa da rexeneración dos bancos marisqueiros.

“Estamos en Ribeira apoiando a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa que tanto traballo fixo, fai e fará porque temos serias ameadas no noso sector pesqueiro e marisqueiro”, salientou Ana Miranda, en referencia á perda da produtividade do sector marisqueiro desde hai máis dunha década “sen que o PP faga nada” e simplemente lle bota a culpa á chuvia. “Non é a culpa da chuvia, senón da falta de previsión do goberno da Xunta dun plan que podería estar financiado con fondos europeos”, indicou.

A eurodeputada galega tamén considerou que hai unha “falta de previsión a respecto da cría da semente”, que provoca a importación de cría de bivalvos do exterior, así como a instalación de Altri en Palas de Rei que pretende levar a cabo o PP e que sería un golpe para máis de 4.000 familias que viven do marisqueo no noso país. Segundo Miranda, a estes problemas súmanse “as ameazas que veñen de Bruxelas”, xa que hoxe mesmo foi publicado que se desvían fondos do Fondo Marítimo de Pesca e Acuicultura “a outras causas como a defensa en lugar de apoiar ao sector”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.