Este domingo 28 de abril celébrase a IV Andaina Solidaria de Castiñeiras (Memoria Juan Vidal Pérez)

26 Abril 2024


O concelleiro de Ribeira, Xabier Vidal, presentou xunto a Abraham Benítez e a presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, María Pego; a IV Andaina Solidaria de Castiñeiras – Memorial Juan Vidal Pérez, que se celebrará o domingo 28 de abril ás 11:00 dende o Castro de Castiñeiras.

A andaina está organizada pola ANPA de Castiñeiras coa colaboración do Concello, e tódolos fondos que se recaden irán destinados para a Asociación de Nais e Pais; co propósito de organizar actividades, obradoiros e charlas para os rapaces e rapazas ao longo do curso escolar.

Segundo destacou Abraham Benítez, a andaina será circular e terá un percorrido de 5 km, que discorrerán entre o Castro de Castiñeiras e Aguiño. “Juan Vidal Pérez comezou con este evento fai moitos anos e hoxe seguimos organizando esta andaina na súa memoria, co propósito de promover o deporte de base e inclusivo.” explicou. As inscricións poderanse realizar a través da páxina web Galitiming e terá un prezo de 6 euros.

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...