Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Rois que afectou a 100 hectáreas

23 Abril 2024
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Foto Lumes Grupo Barbanza

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, que finalmente se localizou na parroquia de Leroño, está estabilizado dende as 5,21 h desta mañá e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas.

O lume iniciouse ás 17,54 h da tarde de onte e polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 29 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 4 avións e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...