“Españois de ben e a Anti-España con Hazte Oir e Manos Limpias”. Antón Luaces

27 Abril 2024

Son as catro esquinas, os catro recantos desta España singular na súa pluralidade (os españois de ben, a anti-España, o faite oir e as mans limpas) que, na mañá do 11 de marzo de 2004, espertou a milleiros de madrileños co estourido de bombas colocadas por terroristas xihadistas en catro trens ocupados maioritariamente por traballadores e estudantes. Estouridos que, grazas aos medios de comunicación-  nomeadamente radio e televisión- ecoaron en todo o territorio nacional e, consecuentemente, internacional. Morreron 193 persoas e unhas dúas mil resultaron feridas.

Para min  que foi aquí, e polas consecuencias que se dí derivaron dese feito nas inmediatas eleccións xerais nas que o PP non acadou a victoria que daba como segura, cando a maioría dos partidos políticos españois comezaron a se comportar como nunca fixeran dende a restauración da democracia após a morte de Francisco Franco.

Nen siquera nos tempos máis duros de Carlos Arias Navarro como primeiro ministro español sucedendo a Franco, nen nos de Adolfo Suàrez como sucesor de Arias Navarro á fronte do Goberno, se rexistraran feitos como os vividos desde as eleccións de 2004 que levaron a José Luis Rodríguez Zapatero ao palacio da Moncloa ata o día de hoxe, con Pedro Sánchez en modo “impass” ata que este traslade o vindeiro luns á cidadanía se vai ou non renunciar ao que, maioritariamente, esa mesma maioría cidadá representada no Congreso dos Deputados apoiara.

Ao meu entender é aquí, pola perda do poder que o PP daba por seguro, onde se fragua (coma nunha ferrería) a “nova política” partidista na que “todo vale”. 

Porque entre eses catro recantos os españois permiten, e en moitos casos aplauden, o xogo porco: dende o diñeiro fácil aportado polos que están preto do poder, ata aqueles que, sendo en sí mesmos “poder político, coidan que chegou a súa hora do estraperlo de posguerra actualizado mediante “mordidas” do 3%, aportacións para os partidos políticos, coches de altísima gama, alternes en noites de alcohol e drogas porque naquela España todo deus era rico menos os traballadores, uso de tarxetas “black” que ían e viñan levadas por un vento de progresía mal entendida que se confundía con conservadurismo trasnoitado misturado con pousos posfranquistas de “aquí se fai o que eu diga”, e chegar á “colocación” de amigos e familiares en postos de relumbrón para reafirmar un cambio de paradigma que o común da cidadanía nunca compartiu nen entendeu.

Con todo este cerume espallado, acadamos o cansazo e o “ata aquí chegamos” que non sei se será o caso de Pedro Sánchez, pero que sí estou seguro que é o que asume a maior parte dun pobo, o español, que non entende que, por defender oficialmente os que din son os seus intereses cidadáns, os políticos cheguen a unha degradación tal que dan noxo e que os guía a un enmerdamento que, persoalmente, nuna crin podería darse nunha terra que xa padeceu sobradamente coa guerra civil. 

Non todo  vale. E aquí, coma en Portugal, tamén o pobo é quen máis ordena. Téñano en conta. 

Outros artigos

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

+

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión