“A pesca artesanal factura cada ano en Galicia 453 millóns de euros” – Antón Luaces

20 Maio 2024

Sopesando a cpntribución que a pesca artesanal fai á economía da comunidade autónoma de Galicia, os postos de traballo que xera e o relativo dano que pode causar aos ecosistemas, poderiamos dicir en boa lei non existirían tachas que lle poñer aos plans de eólicos mariños que, a diario, motivan a controversia de si ou non ás enerxías renovables, senón á instalación dos parques eólicos mariños xusto alí onde faenan máis de 4.000 barcos con base nesta autonomía e outras próximas?.

Son estes barcos que figuran nas especificacións de artes menores, arrastre, cerco e enmalle, que pescan a poucas horas de distancia da costa e que, agás causas maiores que o impidan, retornan diariamente ao seu porto base, o que da a posibilidade de que os tripulantes dos mesmos podan exercer o seu traballo e máis manter o contacto necesario coa súa familia, aspecto este impensable para aqueles que executan a pesca de altura e gran altura.

Son, no conxunto da devandita frota,  máis de 17.000 cabalos de rexistro bruto, malia a constante redución que afecta ao número total de barcos destas modalidades que, en gran medida, permiten a existencia dunha pesca específica e tradicional -en boa medida exclusiva- que sitúa a Galicia no mapa das comunidades pesqueiras da UE como a primeira rexión pesqueira de Europa.

A nosa comunidade autónoma constatou en 2023 que eses barcos que citamos como artesanais son os que menos pegada de carbón deixan no mar e xeran un 10% da pesca litoral de todo o mundo. Pero, a máis ou menos curto prazo de tempo, non poderá cumprir eses parámetros porque as instalacións dos parques aeroxeradores de enerxía eólica (algúns deles prohibidos por decisión xudicial) perto da costa galega impedirá a pesca nunha ampla zona arredor de cada aeroxerador,  e o cableado para o traslado da enerxía a terra espanta ao peixe. Segundo o patrón maior da confraría de pescadores de Cangas do Morrazo xa citado, “por onde pasa o cable non medra nin a herba”, referíndose ao hábitat das especies obxectivo deste segmento de frota que é a artesanal.

Hai, polo tanto, motivos para lle poñer tachas aos parques eólicos que con tanto afán defenden a Xunta, o Goberno central e, como non, a industria eléctrica deste país?.

A formulación xurídica semella seguir vieiros diverxentes aos sinalados. Talvez sexa a única esperanza que queda para a supervivencia dun estilo de vida ancestral que, ano tras ano, estamos a perder e que se produce na franxa litoral que é a máis habitada de todo o territorio galego.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.