“Embutidos lalinense, un exemplo de galeguización empresarial”. Xosé González Martinez

20 Maio 2024

Mentres as oficinas dos servizos públicos das administracións están rotulados en lingua galega, nas das instalacións industriais o idioma oficial é o castelán. Dous comportamentos que definen unha Galicia diverxente A contradición é máis alarmante cando observamos os casos dalgúns xestores empresariais que exercendo simultaneamente funcións nas administracións públicias marxinan a lingua galega nos seus centros fabrís. Unha conducta anómala porque obvian a lexislación reguladora dos dereitos lingüísticos dos traballadores e dos consumidores.
Na pervivencia desta desintonía teñen unha elevada responsabilidade as organizacións sindicais, que non inclúen nas negociacións colectivas a cláusula dos dereitos lingüísticos dos traballadores, e tamén os consumidores, en xeral, nomeadamente todos aqueles que chegadas determinadas datas do ano, como é o caso do Día das Letras Galegas, participan en convocatorias nas que aparentan manifestar defensa e lealdade á lingua galega en actos de contidos literarios. Velaí o fracaso desta celebración oficial: o comportamento do número de participantes nelas podémolo definir como un exercicio de “galeguismo a tempo parcial”, de morno compromiso coa lingua na vida cotiá.
O futuro da nosa lingua está extramuros do ámbito literario,excesivamente sobredimensionado. A galeguización do país débese facer a través das actividades xurídicas, na investigación, na sanidade, nos servizos públicos, en todos os centros formativos das universidades, nas novas tecnoloxías ,etc. A alternativa ao Día das Letras ten que ser outro máis máis e aberto a outras realidades máis decisivas da vida das xentes. O que no seu día foi un acerto, hoxe é unha rémora para avanzarmos nos usos lingüísticos. Unha xornada cun formato decimonónico non ten nada que aportarlle ao futuro da lingua.
O próximo día 25, Embutidos Lalinense celebrará o Día da Galeguidade Empresarial da man do Foro E. Peinador e da Xunta de Galicia. Un acto de afirmación nos valores patrimoniais de Galicia de maior alcance que os celebrados este mes arredor dunha figura literaria; porque vai presentar un amplo programa de medidas galeguizadoras que inclúe o etiquetado do despece dos produtos cárnicos que comercializan; unha ampla oferta que estará presente os 365 días do ano nos centros comerciais, practicando deste xeito un “galeguismo a tempo completo”.
Coa súa conversión lingüística súmanse a un progresivo movemento galeguizador da actividade económica. Velaí están tamén os exemplos das elaboradoras de produtos lácteos e adegas etiquetando os seus envases en galego para o mercado interior e para a exportación, prestixiando a nosa lingua.
Non fan máis que imitar a variada oferta de produtos e licores procedentes doutras latitudes xeográficas etiquetados en cadansúa lingua. Os idiomas utilizados descoñecidos por unha inmensa maioría de consumidores, non son problema para a súa comercialización entre nós. As marcas que se ofertan nas respectivas linguas reforzan asi as súas denominacións de oríxe.
Embutidos Lalinense vai facer máis pola normalización da lingua galega que moitas obras literarias con escasa incidencia nunha poboación desafecta ao xénero literario e tollida polos complexos lingüísticos. O número de consumidores de produtos para a alimentación é inmensamente maior e terán a oportunidade de familiarizarse acotío co léxico empregado. A lingua no padal interiorízase mellor.

Xosé González Martínez*. Presidente de Foro E. Peinador.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...