A cooperativa Kracia pon ao servizo das empresas da Pobra un completo programa de dixitalización

26 Abril 2024

A cooperativa Kracia da Pobra do Caramiñal, con sede no Coworking Municipal, presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade e auditoría web.

Unha vintena de representantes de pemes (comercio, hostalaría, servizos…) interesouse por esta acción que, segundo indicou a edil Amparo Cerecedo, non só posibilitará a adaptación da súa actividade económica ao contexto actual e sacar proveito do uso das novas tecnoloxías, senón que tamén é unha oportunidade de tecer rede entre as persoas emprendedoras instaladas no Coworking da Pobra, incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, e negocios que xa contan cun espazo físico na localidade, creando así sinerxías.

A xornada explicativa desenvolveuse na tarde do día 24 de abril, en dous horarios, coa finalidade de facilitar a asistencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...