A policía local de Rianxo denuncia a 10 conductores

02 Novembro 2020

Entre os días 26 e 31 de outubro de 2020 a Policía Local de Rianzo participou en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e coordinación coa Garda Civil de Tráfico de Galicia nunha campaña de inspección e
control de furgonetas encadrada dentro do Plan de Seguridade
Viaria do ano 2020. Froito da tarefa inspectora controláronse un
total de 54 furgonetas verificándose tanto a normativa en materia
viaria como en materia de sanidade debido ás condicións
establecidas como consecuencia da pandemia COVID19.
Efectuáronse un total de 10 denuncias administrativas en materia
de tráfico chegando a detectarse a 2 condutores sen permiso
vixente (1 deles por perda total de puntos sendo investigado
xudicialmente e posto a disposición do Xulgado de Garda de
Padrón, ó cal cónstanlle 16 detencións anteriores) e inmobilizado
un dos vehículos controlados que carecía de seguro obrigatorio e
inspección técnica en vigor ata a subsanación de ditas
deficiencias.
Asemade 2 condutores foron denunciados por dar positivo na
proba de detección de drogas mentres conducían.

Control policia local de Rianxo

Nun dos controis procedeuse tamén á identificación dunha persoa
que se atopaba reclamada por distintos xulgados procedéndose á
súa detención e posta a disposición dos órganos xudiciais
reclamantes. Ó detido cónstanlle 29 detencións anteriores.
Asemade instruíronse 3 denuncias administrativas por infraccións
relacionadas co control da pandemia (1 delas por non facer uso
ou facer un uso incorrecto da mascarilla e 2 por reunións
excedéndose do máximo establecido -ambas por celebracións no
interior de domicilios particulares-), que se suman ás 36
denuncias anteriores en materia sanitaria.
Tamén se procedeu a propor para sanción a 2 posuidores de
animais por infraccións á normativa na materia.
Dende a Policía Local facemos un chamamento á cidadanía para
extremar as medidas preventivas de control da pandemia
responsabilidade individual de tod@s para frear os contaxios e
reducir a súa expansión.

Outros artigos

Teatro Airiños organiza unha nova edición das Veladas de Primavera

A histórica compañía rianxeira Teatro Airiños vai organizar esta tempada tres fins de semana de actividades culturais na parroquia de Asados: as Veladas de Primavera. O ciclo desenvolverase na dita parroquia rianxeira, coa colaboración do Concello e máis da Deputación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...