“O empoderamento da muller é un feito nas eleccións do 18F” – Antón Luaces

31 Xaneiro 2024

Non  é un falar por falar: é a realidade comprobada na simple constatación dos integrantes das listaxes de candidatos que aspiran a representar no Parlamento de Galicia a un pobo, o galego, que olla con esperanza -dou por feito que tamén con ilusión- o porvir, consecuencia desta nova posibilidade de elixir aos seus.

Si, nesas listaxes de candidatos figuran un bo número de mulleres que queren seguir o labor político que desempeñaron ata a convocatoria electoral. e moitas outras que, levadas polo afán de servir aos seus desde a  cámara autonómica, repasan arestora -ao igual que o fan os seus compañeiros de partido- o programa a desenvolver dende a Xunta se, como cada quen agarda, o voto dos galegos favorece maioritariamente á súa formación política.

Este serán terei a oportunidade de moderar, no Forum Metropolitano da Coruña, un debate con candidatos do PP, BNG e PsdeG-PSOE: dúas mulleres e un home. Onte, martes, polo serán asimesmo, moderei no Circo de Artesáns da Coruña o primeiro debate político das citadas características electorais. Foi, para min, unha experiencia nunca antes vivida malia ter desenvolvido nunha manchea de ocasións esa tarefa moderadora: tres mulleres, tres candidatas -dúas delas con, a priori, posibilidades de saíren elixidas, e unha practicamente descartada por figurar nun posto teoricamente con  nulas opcións. As tres, dispostas. As tres, con azos. As tres, ao meu parecer persoal, con sobrada preparación para defender as súas ideas no marco programáfico da formación política que as acubilla: PP, BNG e PsdeG-PSOE. Son: Nazaret Cendán, Mercedes Queixas e Silvia Longueira, candidatas pola provincia coruñesa.

Economía (nos seus máis diversos aspectos), vivenda e alugueiro, a nova ordenación urbanística e de usos para o porto interior da Coruña, sanidade, educación, mocidade e terceira idade, esta última dende a premisa exposta por un  antigo concelleiro que dixo contar con 83 anos (“son vello, pero non parvo”, parafraseou) foron asuntos do interese das políticas participantes. Un público interesado, participativo e respectuoso, ocupando o salón de actos do histórico Circo de Artesáns seguiu atentamente cada cuestión formulada, mais de xeito especial o debate  sobre as vivendas de alugueiro e os prezos de alugueiro, o uso destas  vivendas como prazas turísticas, a práctica imposibilidade para a mocidade de acceder a un alugueiro topado en 600 euros mensuais  cando os salarios non permiten que se adique a ese alugueiro a metade do salario, copou boa parte do debate con acusacións evidentes deste estado de cousas para os concellos, a Xunta e o goberno central en función do partido representado polas intervintes no debate. A  crítica máis severa foi a de Mercedes Queixas, secundada por Silvia Longueira, e con Nazaret Cendán derivando aos concellos a responsabilidade da regulación das vivendas de alugueiro,  ao coidar que pouco ou nada facían por dar saída aos plans da Xunta de construír novas vivendas sociais.

As tres amosaron a preocupación polo estado do sector pesqueiro e marisqueiro, a salubridade da ría do Burgo (a candidata do BNG louvou o labor que en Bruxelas desempeña a eurodeputada nacionalista Ana Miranda Paz, e reclamou a declaración de Galicia polo Goberno e a UE como zona altamente dependente da pesca), o estado de “desatención” da sanidade pública (que para a representante do PP non era tal), os problemas da educación de carácter público (o que permitiu á candidata “popular” defender os proxectos de gratuidade dos estudos deseñados polo goberno autonómico e que BNG e PSOE puxeron en solfa).

O debate foi organizado, como é tradicional, polo club de opinión Foro Cívico actualmente integrado na estrutura da Asociación Alexandre Bóveda.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.