
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Angueira, presentaron na mañá deste 31 de xaneiro o Plan de recuperación de árbores frondosas nas franxas secundarias de protección contra os lumes forestais. A través desta iniciativa, sinalaron, a Administración local repartirá de balde plantas de especies frondosas entre as persoas propietarias de fincas situadas nas franxas secundarias de protección (max. 10 por persoa), previa comprobación por parte do Servizo de Medio Ambiente de que a finca se atopa correctamente limpa.
As solicitudes realizaranse no Servizo de Medio Ambiente (Museo do Mar) chamando ao 981 86 08 08 a partir do 1 de febreiro.



