Continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para adquirir o carné de conducir

29 Xaneiro 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, lembrou hoxe á mocidade que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas para sacar o carné de conducir de coche, camión e autobús. A conselleira informou durante unha visita a unha autoescola de Ferrol que as persoas de entre 18 e 30 anos de idade poderá solicitar estas axudas ata o vindeiro día 30 de setembro.

Fabiola García, que estivo acompañada do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, sinalou que sacar o carné de conducir ten un significado determinante e moi significativo para a xuventude, posto que lles permite gañar en liberdade e autonomía, mellorar a súa empregabilidade e iniciar o seu proxecto de vida.

Os beneficiarios poderán recibir entre 400 e 1.300 euros para sufragar parte do que custa obter o carné de conducir. Tamén poden solicitar acollerse ás axudas desta convocatoria os mozos e mozas que obtivesen o carné no 2023, xa que o ano pasado non se convocaron estas achegas.

A conselleira apuntou que con iniciativas como esta a Xunta continúa estando ao carón da mocidade ofrecéndolle o apoio e o acompañamento para emprender o seu proxecto de vida.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.