Esta semana incorporáronse aá policia local de Noia cinco novos axentes en prácticas que superaron as probas do proceso selectivo que se realizou o ano pasado na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), entidade na que tamén tiveron que asistir a un curso teórico de seis meses de duración.
Para completar esta formación, os novos efectivos da Policía Local estarán en prácticas unha tempada antes de incorporarse de forma oficial ao cuartel. A concelleira Laura Salgado e o xefe dos municipais, Hipólito Liñayo, foron os encargados de darlle a benvida aos axentes.




