O Concello de Boiro celebra o venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade

29 Xaneiro 2024
Unha imaxe do Xantar do Maior de Boiro de 2022

O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas maiores de 65 anos cuxo prazo de inscrición abre este martes 30 de xaneiro e estará aberto ata o martes 6 de febreiro.

Como noutras ocasións o cátering, que está previsto para unhas 500 persoas, contará con música e baile. “Este xantar é unha das citas máis especiais do ano e ten como obxectivo ofrecer unha alternativa de ocio e confraternidade aos nosos maiores”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

O prezo da comida será de 25 euros e poderanse inscribir no mesmo prazo as persoas empadroadas e non empadroadas maiores de 65 anos ou que acrediten a condición de xubilación.

As inscricións serán entre o 30 de xaneiro e o 6 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas. Deben formalizarse no departamento de Servizos Sociais (2º andar do Concello de Boiro) sempre previstos do DNI das persoas solicitantes. En canto ás inscricións haberá cambios con respecto a outros anos xa que se poderá efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...