Pesar na comarca polo pasamento de Luis Simarro López, fundador de Congalsa

29 Xaneiro 2024

O fundador da empresa Congalsa, Luis Simarro López, faleceu este domingo aos 76 anos de idade, provocando un fondo pesar na Pobra e Ribeira e no sector empresarial de Barbanza. Natural de Madrid, o emprendedor apostou por crear emprego e dinamizar economicamente a comarca poñendo en marcha a compañía de alimentación no ano 1990.

Situada na súa primeira etapa en Ribeira, con dúas naves situada na rúa Romero Ortiz e no barrio de Deán Pequeño, Congalsa trasladouse posteriormente ao polígono industrial da Tomada, na Pobra, onde se emprazan as súas instalacións actuais, nas que traballan case 600 persoas.

Luis Simarro López foi durante todo este proceso unha figura clave para o desenvolvemento económico de Barbanza, apostando pola creación dun proxecto empresarial que, paulatinamente, foi crecendo ata converterse na actualidade nunha das firmas de referencia dentro do seu sector en España.

Era pai de catro fillos, dous dos cales desenvolven a súa actividade profesional na empresa: Luis Miguel, director xeral, que asumiu as rendas da compañía en 1998; e Julio, director comercial e de márketing, Luis Simarro foi sempre unha persoa moi respectada e querida en toda a comarca.

Os restos mortais están no Tanatoiro de Xarás en Ribeira na sala 6 e o funeral terá lugar o martes 30 as catro da tarde na Parroquial de San Pedro de Palmeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.