Outes luciu tesouros naturais e gastronómicos en FITUR

29 Xaneiro 2024

A concelleira de turismo de Outes, Soledad Agra, estivo a semana pasada en FITUR (Feira Internacional de Turismo) representando ó concello de Outes dentro das presentacións do Xeodestino Ría de Muros-noia, Ría da Estrela.

Durante a feira turística mantivo diversas reunións con representantes da industria turística, e tivo a oportunidade de promocionar os tesouros paisaxísticos, ambientais, gastronómicos e culturais do concello, destacando o compromiso de Outes coa promoción dun turismo responsábel e respectuoso coa contorna e que pon en valor o seu patrimonio natural e cultural.

A concelleira foi entrevistada no programa Miradas Viajeras polo xornalista especialista en turismo, Fernando Malvaseda. Ademais, pechou un contrato de promoción turística con Beatriz Sotelo, de Petiscos Galegos Travel Blog, con máis de 250 mil seareiros en redes sociais, e mantivo entrevistas con blogueiros e directores de revistas de turismo e viaxes para dar a coñecer os atractivos do concello de Outes e a calidade da oferta de restauración e hostalería local.

A maiores, participou na presentación da marca turística Ría da Estrela xunto coa alcaldesa de Muros, e os alcaldes de Noia (María Lago) e Porto do Son (Santiago Freire e Luis Oujo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.