Setenta eurodeputados asinan a carta de denuncia da contaminación da costa galega por granulados plásticos impulsada por Ana Miranda

25 Xaneiro 2024


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, remitiu unha carta á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, a presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e o presidente do Consello Europea, Charles Michel, denunciando a contaminación da costa galega causada polo vertido de millóns de granulados plásticos (pélets) procedentes do portacontedores Toconao. En total, 70 eurodeputadas e eurodeputados asinaron a misiva pertencentes a cinco grupos políticos da Eurocámara diferentes e procedentes de 24 nacións e Estados Membros europeos.

O documento, ademais de denunciar a contaminación causada polos microplásticos tamén cuestiona a xestión realizada polo Goberno galego. Seguindo este fío, Miranda sinalou que “a pesar de que o buque Toconao comezou a perder os pelets o 8 de decembre e comezaron a aparecer o 13 de decembro nas praias de Ribeira, non foi até o 4 de xaneiro cando o Goberno galego se puxo en contacto cos concellos para dicirlles que era a súa responsabilidade facerse cargo da limpeza das praias”.

A carta destaca tamén “que a costa galega é extremadamente vulnerábel, como se puido comprobar tras a catástrofe do Prestige, que serviu para aprobar o paquete de seguridade marítima, que precisamente na actualidade se está negociando a súa modificación”.

Propostas

No documento, os deputados e deputadas do Parlamento Europeo reclaman “a posta en marcha dun plan efectivo contra a contaminación que inclúa a consideración dos pelets como substancias contaminantes e tomar medidas estritas respecto ao control na súa manipulación, tratamento e envasado”.

Ademais, a carta defende que no marco do convenio MARPOL 73/78 de la Organización Marítima Internacional se introduza unha modificación para asignar aos precursores plásticos en forma de bóla plástica, escama ou po a categoría de mercadorías perigosas. Finalmente, os eurodeputados instan a considerar o Corredor de Fisterra como zona altamente sensible por parte da OMI.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.