Catro anos de cárcere a un home que tentou matar a un veciño atropelándoo en Outes

25 Xaneiro 2024

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos de cárcere a un home que tentou matar a un veciño atropelándoo en Outes. O tribunal considerouno autor dun delito de tentativa de homicidio, concorrendo a eximente incompleta de anomalía psíquica, e impúxolle a prohibición de aproximarse á vítima, á súa esposa e aos seus fillos, e a de comunicarse con eles por calquera medio, durante dez anos. Ademais, condenouno a unha medida de liberdade vixiada consistente en tratamento psiquiátrico en réxime externo e a privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores, co límite máximo das medidas de nove anos.

O tribunal relata na sentenza que o acusado, o 4 de xullo de 2022, se achaba pola noite na estrada da praia de Broña (Outes), no interior dun vehículo da súa propiedade, cando viu pasar camiñando a un veciño da localidade “co que mantiña inimizade desde facía anos e que foi xerando un profundo resentimento”. Tras comprobar que se dirixía a deixar o lixo do bar que rexentaba, “decidiu aproveitar esa circunstancia e, con intención de atropelalo, conduciu en dirección prohibida ata chegar á altura da vítima e arroiala de fronte, sen que puidese evitalo, e representándose que podería causarlle a morte”. Como consecuencia do impacto, o afectado golpeouse sobre o capó do vehículo, caendo ao chan.

Na súa curación investiu 73 días e, como secuela, réstalle material de osteosíntesis no xeonllo dereito, así como unha secuela combinada de lesións de menisco e ligamentosa e un prexuízo estético moderado ocasionado polas catro cicatrices, apreciándose dano moral por perda de calidade de vida por secuelas de carácter leve.

A Sala destaca que o procesado, no momento dos feitos, tiña as súas facultades intelectivas e volitivas sensiblemente diminuídas debido a que padecía un trastorno do desenvolvemento, un rendemento cognitivo inferior á media e uns trazos esquizotípicos da personalidade, encuadrables neste caso dentro dos trastornos psicóticos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.