A elección no 44 de Castelao como “o primeiro presidente de Galiza” centrará as homenaxes ao político e escritor este domingo na súa vila natal

25 Xaneiro 2024

Nunha ampla convocatoria, este domingo día 28 de xaneiro no concello de Rianxo celebrarase a tradicional homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 29 de xaneiro de 1886 – Bos Aires, 7 de xaneiro de 1950). Os motivos de seguir mantendo viva a chama do seu legado son moitos e variados, pero segundo informan dende as organizacións convocantes da homenaxe ao ilustre rianxeiro “malia teren pasado cento trinta e oito anos do seu nacemento, e setenta e catro do seu pasamento, o Irmán Daniel continúa sendo figura principal das ideas que abranguen á totalidade do nacionalismo galego, sendo el entre outras actividades fundador do Partido Galeguista, en decembro de 1931, e deputado nas Cortes en representación desta organización daquela coaligada na Fronte Popular”.

É precisamente o Partido Galeguista quen canaliza o chamado “a xuntárense en Rianxo todas as entidades, asociacións e forzas políticas ou sindicais que se sintan próximas ao maxisterio exemplar do rianxeiro universal”.

Coa idea de afondar no recoñecemento social e institucional de Castelao como “o primeiro presidente de Galiza” por telo sido no exilio americano do Consello de Galiza, constituído en Montevideo, en 1944, un organismo lexitimado pola aprobación en referendo do Estatuto de Autonomía para Galicia, en 1936, diferentes entidades serán recibidas no Concello de Rianxo o domingo 28 de xaneiro, ás 11.30 horas da mañá, polo seu alcalde actual, Julián Bustelo; e polos alcaldes anteriores: Adolfo Muíños, Pedro Piñeiro e Bravo Frieiro. Entre outras, teñen previsto a súa participación as seguintes Fundacións: Alexandre Bóveda, Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, Blanco Amor, Plácido Castro, Penzol, Vicente Risco, Losada Diéguez e Filgueira Valverde; ademáis das entidades do exilio e a emigración: Patronato de Cultura Galega de Montevideo, Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, o Centro Galego de Bos Aires, o Centro Galicia de Bos Aires, o Colloquium Usa-Galicia, o Instituto Argentino Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires, a Fundación Xeito Novo de Cultura Galega, a Asociación arxentina de veciños de Corcubión, o Centro Betanzos de Bos Aires, o Centro de A Estrada, e o Fogar de Anciáns de Galicia en Bos Aires.

Castelao en Madrid nun encontro a prol da aprobación do Estatuto

En representación do Partido Galeguista participan: Francisco López Franco, Chesqui, secretario; e Luís González Tosar, Antonio Moure e Ana Vila.

A intervención central do acto estará a cargo do xurista Xoán Antón Pérez Lema, responsábel do argumentario político e xurídico na redacción do documento que promoveu a resolución institucional para a “Declaración de Castelao como primeiro Presidente de Galicia e precursor do noso autogoberno”.

Serán mantedores do acto: Antón Mascato, editor e Xan Leira, cineasta.

A entrada é libre ata completar o aforo.

A continuación incluímos o programa de actividades dos Actos Castelao do Concello:

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.