A Pobra edita a súa guía turística en lingua inglesa para as visitas estranxeiras

23 Xaneiro 2024

Os recursos turísticos da Pobra do Caramiñal xa poden consultarse en inglés coa edición da guía nesta lingua motivada pola alta afluencia de visitantes estranxeiros. A concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, explica que se reforza así a edición en galego e castelán desta ferramenta, ademais de que era un dos obxectivos marcados no pasado mes de xuño cando se acadou o
distintivo SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino) para a oficina do Turismo. Remitirase a feiras nacionais e internacionais e repartirase na dita oficina, situada na Casa Mariñeira do parque do Castelo.
Esta guía segue un formato visual con mapas e instantáneas de distintas zonas do municipio que se complementan con pequenas reportaxes que, sen perde-lo seu compoñente descritivo, resultan de lectura dinámica, segundo precisa Sara Sánchez, unha das técnicas municipais do Turismo.
Así, calquera persoa pode consultar en papel todo canto ofrece a localidade a nivel de enclaves turísticos, natureza, patrimonio, cultura, rutas e ocio.
A necesidade da edición no inglés tamén se fundamenta en que no pasado ano se recibiron na Pobra máis dun cento de visitantes que utilizaban a lingua inglesa para comunicarse, tal e como apunta Ángeles Tubío, outra das técnicas municipais desta área. A procedencia destas persoas era Reino Unido, Suecia, Dinamarca, Malta ou Estados Unidos.
Bibiana Santiso Naveira foi a profesional encargada de face-la interpretación adaptada do texto orixinal. Ao contido reflexado na guía tamén se pode acceder a través da páxina web https://turismo.apobra.gal/, coa opción, a maiores, en francés. De feito, un
dos obxectivos marcados pola Concellaría do Turismo é adapta-lo ao público francófono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.