O BNG DE Rianxo presenta unha moción para reclamar a Costas do Estado a mellora da zona de cantís entre Punta Fincheira e Tanxil e zonade Tronco

22 Xaneiro 2024

O BNG DE Rianxo presenta unha moción para reclamar a Costas do Estado a mellora da zona de cantís entre Punta Fincheira e Tanxil e zona de Tronco Estamos a ver ano tras ano que continúa a degradación da zona de cantís entre Punta Fincheira e Tanxil sen que a administración estatal realice obras de calado que eviten esta contínua perda de terreo pola erosión de chuvias nuns
casos e a acción do mar noutros.
Un lugar emblemático ao pé do Chalet dos Baltar, cun complexo urbanístico pioneiro no uso do formigón por parte de Eduardo Rodríguez Losada Rebellón, arquitecto galego de renome que integrou ademáis da vivenda un peirao, varias construccións adicionais e, sobre todo, esa imaxe non retornada da Virxe de Guadalupe de Asorey. Lugar por tanto de importancia tamén patrimonial e non só natural en perigo de derrubamento constante.
Está a aumentar a inseguridade do tránsito peonil e a perda dun espazo próximo e integrado no casco urbano que ao longo destes anos se tentou infrutuosamente dotar dun orzamento para a súa mellora. No seu día, ano 2007 acadouse vía negociacións por parte do BNG no Congreso que Costas dispuxera de 700.000 euros para acometela. Inexplicabelmente rexeitaronse na
localidade e nunca se chegaron a investir na zona. Seguen a ser constante obxecto de alegacións aos orzamentos do Estado polo BNG pois máis que nunca segue vixente esta demanda e debe materilizarse.
Desde entón apenas algún pequeno parche esperanzador mais moi insuficiente na dirección de evitar a degradación que se apodera dese territorio sinalado.
Unha situación que se prolonga en Tronco con peche dun camiño costeiro pola perigosidade, primeiro pechado o acceso en vehículo e logo tamén comprometendo o paso a pé.
Por iso hai uns meses ollamos con preocupación que Costas realizaba unha tala de arborado en Tanxil que poidera ser a antesala de novas caídas de terras e derrubes perigosos sobre o paseo e sobre a praia, acelerando a degradación. Como queira desexamos se recupere para a veciñanza este espazo, recuperemos a seguridade integral da zona e que permita un retorno futuro da Virxe de Asorey . Os ACORDOS que se pretenden son Instar a Costas do Estado a realizar un proxecto integral de recuperación
da zona de Tanxil e Tronco, dotado dos recursos e actuacións necesarias para evitar a degradación.

  1. Facer un seguimento mentres isto non se produce, do estado da costa en especial do onde se produciu a perda de masa arbórea.
  2. Solicitar unha entrevista por parte da Alcaldía para xestionar estas actuacións cos novos responsábeis de Costas do Estado en Galiza.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.