Os Concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo mobilízanse este domingo polo noso mar (haberá buses de balde en todos os municipios)

20 Xaneiro 2024

Os Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo van participar na manifestación deste domingo 21 de xaneiro en Santiago, convocada baixo o lema En Defensa do Noso Mar e co obxectivo de esixir unha meirande protección da costa galega (dende o punto de vista ambiental pero tamén produtivo e económico) ante episodios de contaminación como o acontecido as semanas pasadas (os vertidos de granulados plásticos do buque Toconao) e, tamén, coa finalidade de mostrar o seu rexeitamento contra o proceder do Goberno galego perante este tipo de desastres, xa que, indicaron, “tardou case un mes en reaccionar para frear a súa incidencia”. Os días pasados os alcaldes dos ditos concellos subscribiron os motivos da convocatoria da mobilización convocada para este domingo en Santiago de Compostela.

Segundo anunciaron, “o sector do mar ten unha forte pegada na economía dos catro concellos do Barbanza que se traduce na xeración de postos de traballo, dinamismo económico e social”. E engadiron: “Os motivos desta mobilización son moitos, entre os que destacan a necesidade de resolver a contaminación das augas, estudar solucións ante a alta mortalidade de bivalvos e a importancia dunha rexeneración das rías”.

Dende Barbanza haberá un autobús gratuíto. Sairá da estación de autobús de Ribeira, ás 10.00 horas, para facer paradas na Pobra do Caramiñal, ás 10.15 horas (na praza Alcalde Segundo Durán); Boiro, ás 10.30 horas (na praza do Concello); e Rianxo, ás 10.45 horas (na rotonda do polígono). O regreso efectuarase trala manifestación.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 605530499.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.