O Concello de Boiro homenaxea aos deportistas e clubs do municipio na Gala do Deporte 2023

20 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro celebrou na Casa da Cultura de Boiro a Gala do Deporte 2023 que homenaxea aos deportistas e clubs do municipio máis destacados neste último ano. O acto desenvolvido na tarde deste 19 de xaneiro estivo presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera e contou coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o deputado provincial de Deportes, Antón Leira; e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Na cita fíxose entrega de 71 premios a deportistas e clubs e unha mención especial que, nesta ocasión foi para Bárbara Gómez Oubel, piloto de rally boirense falecida no mes de setembro mentres disputaba a segunda edición do Rally del Valle de Laciana en León, unha distinción que recolleu a súa familia.

Os premios individuais galardoaron a aqueles deportistas que acadaron un pódio en campionatos galegos, ata un 6º posto en campionatos de España, ata un 10º posto en campionatos europeos e ata un 20º posto en campionatos do mundo. Entre os galardoados hai deportistas do Barbanza Golf, o Club de Natación Boiro, o Taekwondo Suh Sport ou Taekwondo Malamia, Club de Piragüismo Rias Baixas, Club de Remo ou Club de Patinaxe, así como outros deportistas que destacados pola súa actividade fora de clubs do municipio como Nolo Romero, Alexis Miguéns, Diego Miguéns ou Diego Romero.

“Desfrutade das grandes experiencias que estou seguro vos aporta o deporte porque solo así conseguiredes acadar todas as metas que vos propoñades, no deporte pero tamén na vosa vida”, animou o alcalde aos deportistas á vez que puxo á súa disposición os servizos municipais para seguir acadando éxitos deportivos.

Nos clubs deportivos valorouse ter conseguido un ascenso de categoría, resultar gañador na correspondente competición ou ter acadado como mínimo un terceiro posto nun Campionato Galego ou un 6º nun campionato de España. Recibiron galardóns o Club de Remo de Cabo de Cruz, o Club Costado Suh Sport, o Club de Patinaxe Boiro, o Club Piragüismo Rías Baixas, o Club de Natación Boiro, o Boiro Voleibol, o Barbanza Golf, KN Decoraciones Esteiro de fútbol veteranos, a SD Valiño – Cabo de Cruz e o CD Boiro.

“Entregamos esta tarde máis 70 premios a deportistas individuais e clubs deportivos do municipio. Un dato que non fai máis que reafirmar o nivel deportivo que ten o noso municipio nas distintas modalidades deportivas e categorías”, engadiu o rexedor boirense, José Ramón Romero, que agradeceu o esforzo e dedicación que hai detrás destes resultados por parte de deportistas e familias, clubs e institucións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...