Julio Abalde e Bernardo Fernández critican en Noia “o desleixo” do Goberno autonómico co sector marisqueiro

19 Xaneiro 2024

O candidato número 2 do PSdeG-PSOE pola provincia Julio Abalde e máis o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro acudiron a Noia para presentar na comarca do Barbanza a lista electoral presentada pola organización de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.

Abalde, ex-reitor da Universidade da Coruña (UDC), comezou a súa intervención defendendo “o proxecto progresista e innovador de Besteiro, o único que pode garantir un cambio no Goberno de Galicia”. Considera que o Goberno presidido por Alfonso Rueda “é un goberno que minte, escurantista, falto de transparencia, como podemos ver coa crise dos granulados plásticos que tanto afecta a esta comarca”, dixo, engadindo que “precisamos un goberno que pense nas persoas, que traballe pola educación e a sanidade, que traballe polo futuro da mocidade, que xere postos de traballo e actividade económica, que pense na pesca e na agricultura”.

Abalde e Fernández Piñeiro recoñeceron que están a escoitar as inquedanzas da xente do Barbanza e das demais comarcas para “incorporalas ao noso traballo e ao noso futuro programa de Goberno”.

Fernández Piñeiro criticou “o desleixo da Xunta co sector marisqueiro, fundamental para a economía desta bisbarra e da nosa provincia, tanto na súa parte extractiva como na que afecta á transformación”.

Segundo lembrou, “está habendo problemas xa dende hai tempo coa produción de ameixa e sobre todo de berberecho, a máis importante a nivel económico, e a Xunta de Galicia, que ten a competencia exclusiva en materia pesqueira, non fai nada ao respecto”, explicou o socialista, engadindo que “non aporta axudas aos afectados, non aporta información nin medios para saber que está a pasar e aportar unha solución”.

“Esta é unha Ría na que atopamos polígonos de mexilón que antes estaban en nivel 1 e que agora están en 2 en contaminación, impedindo que se poidan vender en fresco”, advirte Fernández Piñeiro. “A contaminación incrementouse ao longo dos últimos anos, pero a Xunta de Galicia non está a reinvestir os fondos e impostos que recada para tal fin”, critica.

Abalde e Fernández Piñeiro recoñeceron que “tamén nos preocupa a ausencia de residencias públicas de anciáns na comarca”, se ben salientaron que se está a construír agora unha destas en Rianxo, pero “impulsada pola Deputación, non pola Xunta de Galicia que é quen ten as competencias, xa que esta fai oídos xordos e deixa de lado a un terzo dos galegos e galegas, que son os pensionistas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.